viernes, 19 de octubre de 2007

DESPOIS DO VERÁN


Logo do verán, a presencia do mar aínda queda na memoria, e elo permiteme seguir a traballar temas relacionados precisamente co mar, e a enlazar con algúns traballos anteriores, sobre a auga, sobre temas mariños. Auga e vida, o mar misterio e navegacións, o mar de cores cambiantes, de profundidades, de naufraxios, de recordos e leendas, de tesouros e monstruos mariños. Un mar cheo de vida que temos que defender dos desalmados que o contaminan, que o maltratan, que o utilizan para beneficio propio. Non podemos darlle as costas o mar, temos que defendelo, e os pintores pintalo para mostralo en toda a sua magnitud e esplendor.

Un saúdo de Nolo

NA DEFENSA DA PINTURA



Hoxe en día vemos con frecuenciaque en certos espazos dos chamados de arte contemporánea, a pintura está algo marxinada, xa que siguen a pensar que xa está morta, ou que ten pouco que decir. Mais esto logo na realidade non coincide así, pois cada vez siguen a verse en distintos espazos, tanto públicos como privados, exposicións de pintura, con pintores de diferentes edades, procedencias, estilos, etc. E mais no noso Pais Galiza, donde a pintura e os pintores tiveron unha presencia importante, e hoxe en día siguen a tela, e neso seguimos a traballar moitos de nós, en facer unha pintura que parta do noso, mais incorporando a modernidade precisa, a atualidade e como non a contemporáneidade.

Un saúdo de Nolo

jueves, 18 de octubre de 2007

En Defensa do Medio Ambiente


A defensa do medio ambiente é algo que nos concierne a todos-as, pois a larga, e xa agora mesmo vemos que o cambio climático está a facer das súas, con inundacións, fortes tormentas en algúns paises, mentras que noutros sigue a sequía, a falla de alimentos etc.
Tamén desde os artistas, e sobre todo desde o pintores esta sensibilidade nos fai preocuparnos polo tema, e así algún de nós temos realizado pinturas destacando estes temas. Eu por exemplo, e sendo galego, o tema dos incendios forestales do verano pasado afectoume e dende logo non podía quedar o marxen nos meus traballos pictóricos, polo que fixen algunhas pinturas sobre eses temas, denunciando por tanto a destrución do medio ambiente, mais concretamente os nosos bosques e montes polos incendios forestais, a maior parte deles intencionados.
Un saúdo de Nolo Suárez.

jueves, 11 de octubre de 2007

Presentación


Hola, son o pintor compostelán Nolo Suárez, que veño expoñendo pintura dende os anos 80 en distintos espacios expositivos, como salas, galerías, museos, fundacións. E quero através de este blog, ir contando cousas relacionadas coa miña actividade pictórica e artística, esto é, proxectos expositivos, realizacións concretas, aportacións diversas a arte, así como xa mais concreto os traballos pictóricos que vaia elaborando ou expoñendo.