viernes, 30 de enero de 2009

DÍA ESCOLAR POLA PAZ


Hoxe celebrase o día escolar pola Paz, aínda que debían ser todolos días do ano días de paz, está ben que se lle adique un día concreto, para que os escolares sobre todo, mais tamén todalas persoas ineresadas fagan actividades acerca da paz.
Sobre todo nun tempo como o actual, onde as guerras continúan, coas escenas de destrucción e morte, con tantas escolas destruídas, e nenos mortos ou feridos, nenos sin escolarizar, con fame e desnutrición, con tanta miseria e enfermedades, que nos fai as veces pensar, en que mundo estamos ou en qué civilización.
As guerras e os conflictos armados siguen a estar presenten en numerosos puntos do mundo, Irak, Palestina, Congo, Agfanistán, India, etc. , sin que se fagan moitos esforzos por resolvelos. E precisamente establece este día da Paz, en recordo da morte ou mais ben asesinato do pacifista Ghandi ala polo ano 1.948, el que precisamente estivo liderando o pacifismo, esperamos que as súas ensinanzas sigan presentes.
Tamén que aquí na Galiza, teña cada vez mais éxito e repercusión todo o traballo sobre a paz que está a facer o Seminario Galego pola Paz, que ben dirixe Manuel Dios, xunto con outras persoas.
Nolo Suárez.

lunes, 26 de enero de 2009

SOBRE A CRISIS ECONÓMICA


A crisis económica que nos afecta está en boca de todos, e agora mais que están proximas as eleccións autonómicas. Vamos a ver recetas e mais recetas contra a crisis, mais quizás medidas practicas poucas e o peor e de quen a está sufrindo xa, ou que a ven sufrindo dende xa fai meses. Así parados, ou pequenas empresas que teñen que pechar, son os que están pagando as consecuencias. Mentras os financieros, especuladores, constructores sin escrupulos que ata agora estuveron facendo fortunas precisamente coa especulación, agora queixánse de que xa non ganan tanto, e que necesitan axudas, e algúns gobernos ou partidos no poder dánllas, mentras retrasan as axudas os que verdadeiramente as necesitan, esto é , os parados e as pequenas empresas que teñen que pechar.
Outra vez, este sistema capitalista neoliberal, de facer cartos rápidamente, de especular, de vender e endeudarse, de privilexiar as grandes empresas privadas, volveu a entrar en crisis, pero como case sempre, que a paguen os traballadores e as clases populares, con despidos, regulacións de emprego, deslocalizacións, ou suspensión de pagos.
E necesiario unir esforzos, os sindicatos teñen que estar moi alerta, xa que o capital pode disfrazarse de bo e de victima, para sacar tamén partido de todo esto. E son os traballadores e as clases populares, as que necesitan do apoio e de medidas efectivas, e non soio promesas, para salir da crisis, creando tamén empleo con inversións públicas e mais obras públicas. Apoios concretos, axudas e solidaridade cos que realmente sufren esta crisis atual.
Nolo Suárez.

jueves, 22 de enero de 2009

HOMENAXE A RAMÓN MUNTXARAZ


A Psiquiatría tenta axudar os enfermos mentais a superar as suas doenzas. Enfermos que aínda son mal vistos en certos ambentes sociais. Por outra parte as enfermedades mentais, teñen diversas causas, personais, familiares e sociais. Entre as sociais, está a nosa forma de vida, traballo e cultura.
E esto sabíao ben, o psiquiatra Ramón Muntxaraz, que aínda sendo natural de Toledo, chegou a Galicia a finais dos 70, e pronto integrouse na cultura e na política do Noso Pais, na defensa dos traballadores e das capas populares mais desfavorecidas, mais proclives a sufir transtornos mentais, e por suposto na defensa dos enfermos mentais, poñendo en marcha diversas iniciativas, e sendo para algúns, como min, daquela principiantes na saúde mental, unha luz de claridade, de solidaridade e compromiso.
E por elo que agora, falecido fai pouco, xente e personalidades de distintos ámbitos, da cultura, da política, da psiquiatría, se rendan un merecido homenaxe, tamén sirvan este humilde texto meu de homenaxe a unha persoa que se entregou decididamente, a causa social, política e de axuda e traballo pola mellora da xente do Noso Pais, e dos enfermos mentais.
Nolo Suárez.

lunes, 19 de enero de 2009

CONTINUA A MORTE DE ANIMAIS


Si nestes días estamos a ver a morte de xente inocente palestina, na guerra que están facendo os sionistas de Israel en Gaza, tamén e en outro contexto moi distinto, temos que falar da morte de animais inocentes, como os raposos nos nosos montes, polas batidas de cazadores, que van a matar por matar, pois estes animais apenas fan daños, non hai tantos como se dí, e cumpren unha función no medio natural, posibilitanto o equilibrio de especies.
Polo que organizar batidas, campeonatos de caza de raposo, polo unico feito de divertirse mantando animais, non ten sentido ningún, é unha practica criticable, e que fai case exterminar un animal, que non supón peligro ningún no medio ambiente, o contrario, cumple a súa función na nosa fauna.
Enhoraboa os distintos movementos ecoloxistas que con varias protestas denuncias estas mantanzas sin sentido, e que que nos queren vender como deporte ou campeonato, cando o único que ven sendo e a matanza de animais sin mais.
Nolo Suárez.

viernes, 16 de enero de 2009

PALESTINA VIVIRÁ


Veño de participar en manifestacións en contra da guerra do exercito israelí contra os palestinos, donde a morte e a destrucción está presente continuamente e ademais vai en aumento, con ataques e bombardeos indiscriminados a población civil, a edificios da ONU, a Hospitais e escolas. Está claro que o exercito israelí, apoiado polos mais reaccionarios sionistas, quere provocar terror, morte e destrucción de todo o que encontra o seu paso, sin importarlle resolucións da ONU, peticións de diversos paises do alto o fogo, ou que deixen pasar a axuda humanitaria. Os palestinos siguen a morrer e a estar feridos.
Por iso, non me gusta moito que se berre nas manifestacións, Palestina vencerá, pois eso parece casi imposible ante o exercito israelí, moi armado, e con armas de destrucción sofisticadas.
Penso que o que temos que berrar e que Palestina vivirá, que a deixen vivir en paz, en vez de destruila, como o están facendo agora, e sin que as forzas internacionais interveñan en serio para parar ese aniquilamento.
Nolo.

sábado, 10 de enero de 2009

NOVA SEDE DA AAAGP


Nestes tempos de competencias artísticas, de personalismos, de ver que é mais que os outros, é de gran importancia o nacemento de Asociacións como a Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP), e no seu doble sentido, compartir amizade e arte para facer proxectos en común. E dende logo tendendo pontes entre Galiza e Portugal. E agora que xa se conseguiu a primeira sede en Galiza, no Concello de Oroso, permitirá que estos proxectos teñan unha mellor plasmación e realidade, na sala Pedro Mirás.
Inaugurouse a Sala coa exposición Comenzarte, coa participación de 31 artistas e con unha homenaxe póstuma a pintora de Oroso Elana Rico.
Esperemos pois e desexemos longa vida a esta Asociación, donde estamos algúns dos que estivemos en outras, e que non deron resultado, xa que en vez de construir, de democratizar, de participar a maioria, solo decidian unha minoría, establecendo competencias e dedocracias. E hora xa de superar esas vellas historias, e traballor en comun pola mellora da arte e da cultura do noso pobo e dos pobos irmán.
Un saúdo de Nolo Suárez.

NO CABODANO DE DANIEL CASTELAO


Daniel Castelao foi unha das persoas mais importantes para o desenrolo do galeguismo e do nacionalismo en Galiza no S. XX. Naceu en Rianxo, transladouse a Compostela para estudar, e logo entrou en contacto cos círculos galeguistas, poñendo todo o seu saber, tanto nas facetas artísticas, pinturas, debuxos, libros, pezas de teatro, así como nas facetas de político e conferenciate, o servizo dos galegos-as, impulsando o novo Partido Galeguista, participando no primeiro Estatuto de Galiza, que veuse truncado polo levantamento militar e fascista do 36, e logo a represión franquista, que fixo que tuvera que exiliarse como outros tantos galeguistas e republicanos na Arxentina, donde seguiron traballando ata a súa morte, nos distintos aspectos, literario, conferenciante, político, artistico, sendo un guía para moitos dos seus seguidores, e tamén para as novas xeracións. Por eso hoxe en día, recordalo, e recordar a súa obra, nuns tempos de cambios acelerados, e donde non se teñen en conta moitas veces as aportacións dos nosos antergos, é sempre importante, tanto para o presente como para o futuro da nosa nazón, e da nosa xente, do noso compromiso por unha Galiza mellor, mais culta e democrática, mais participativa e activa, o mesmo tempo que polo resto do mundo, pois unha das referencias de Castelao, era facer do local, do nacional, algo universal, sendo parte do mundo activamente e con aportacións propias sin avergonzarnos do noso, da nosa cultura e da nosa lingua.
Nolo Suárez

miércoles, 7 de enero de 2009

SIGUE A MATANZA E A DESTRUCCIÓN


Ruídos asombrosos, caen bombas, destruen edificios, levantan polvaredas irrespirables, berros de horror, xente correndo, xente ensangrentada polos suelos, olor a pólvora e fósforo, olor a obxetos queimados, olor a sangre e destrucción. Ollos cheos de area, de irritacións, de bagoas, de terror.
Corpos cheos de cicatrices, de medos, correndo de un lado para outro, nenos agarrados as nais, a fame e a morte están en todolos lados. Berros de odio e desesperación, mentras as bombas e as balas dos soldados de Israel seguen destruindo vidas palestinas.
Ata cando esta masacre e este horror, temos que facer todo o posible por parar este novo holocausto do S. XXI.
Nolo Suárez.

viernes, 2 de enero de 2009

ISRAEL SIGUE MATANDO PALESTINOS


Comenza un novo ano, e que debía comenzar con paz, solidaridade, e fraternidade, seguimos a ter outra vez, terrorismo, mortes de inocentes e guerras. Neste caso, outra vez Israel, bombardea os palestinos, causando destrucción e mortes, moitos civiles, nenos e persoas maiores, bombas que non destacan entre os guerrilleiros palestinos(o parecer o seu obxetivo), e nenos e xente en escolas e hospitais, que tamén son bombardeados e causan victimas. E por si esto fora pouco, bloquean as axudas humanitarias de outros paises para socorrer a unha población que sufre fame, miserias, enfermedes, e agora coa guerra todo esto agravado. Israel estase a comportar como un Estado militar, dictatorial, sin piedade, nin sentimentos humanos, solo pretende eliminar o máximo numero de palestinos, para sacarlle as terras, e seguir coa sua política de expansión e terror. E hora que as persoas sensibles, tomemos partidos, e defendamos o pobo palestino cos medios que poidamos e teñamos a nosa disposición, denuncias, manifestos, manifestacións, actos de protesta, que poidan axudar ese ataque salvaxe do exercito israelí sobre a poboación palestina.
Nolo Suárez