sábado, 2 de febrero de 2008

NOS DÍAS DA PAZ SEGUEN AS GUERRAS


Aínda que estamos a celebrar días de paz, que se fan numerosos actos enormemente importantes,
como conferencias, encontros, charlas para alumnos, explicacións diversas sobre as convivencias pacíficas, o caso é que noutros paises, sobre todo nestes días en paises africanos, como Chat, segue a violencia das guerras, dos enfrentamentos. E tamén siguen os atentados, fai pouco en Pakistán, a guerra semioculta de Irak, as invasións armadas dos israelís na Palestina, en Gaza, causando mortes e desplazamentos da poboación, etc.
Temos aínda un panorama pouco esperanzador de conseguir a paz a nivel mundial, por eso é importante, seguir con todos los traballos posibles, dende encontros, charlas, conferencias, mesas redondas, publicacións, e os que coma mín somos pintores, tamén temos que adicar algúns dos nosos traballos pictóricos a conquerir a paz e denunciar a guerra.
Vai aquí un recente traballo pictórico sobre a paz.
Un saúdo de Nolo.