viernes, 29 de agosto de 2008

OUTRA VEZ A VOLTAS COS INCENCIOS


Logo dun verán certamente inestable, quizás xa nos estéa afectando o cambio climático, non había noticias de importantes incendios, mais ben focos pequenos e ben controlados. Mais nestes días enterome pola prensa que houbo un incendio importante, unhas 66 Ha. de bosque queimado no Caurel, que por riba, é un dos nosos espazos naturais protexidos, é que debía estar ben coidado, para que estas cousas non pasaran, mais o parecer non estaba o suficientemente limpo, e posiblemente algún descoido, ou ben intención, fixeron logo que o lume comezara e se estendera, tardando un tempo logo en extinguilo. Logo veñen os lamentos, o intentar buscar culpábeis, mais todos temos que arrimar o ombro no que se poida, para acabar coa praga de incendios, que aínda que van a menos, siguen a existir tódolos veráns.
Un saúdo e bo verán sen incendios.

viernes, 15 de agosto de 2008

OUTRA VEZ A VIOLENCIA DA GUERRA


Una vez mais a guerra volve a estar presente na atualidade, desta vez na Xeorxia, entre este pobo e as tropas rusas, outra vez a violencia e a morte, outra vez a desesperación de persoas inocentes, que fuxen atemorizadas, outra vez, destrucción, fame e morte. En pleno S XXI, os seres humanos aínda non aprendimos a resolver os conflictos por medio do diálogo, do acordo, da cesión para entendernos. Outra vez se recurre a violencia e a guerra como metodo para resolver diferencias, intereses de todo tipo.

Dende a a arte e a cultura, temos que manifestar a nosa repulsa a este acontecimento mais de violencia e guerra. Así a miña aportación con esta composición, donde a desesperación da morte, as cores da violencia, a impotencia e o drama, ante os militares armados, que solo saben o diálogo das armas e das balas, nos temos que poñer o sentido común, a reflexión, a crítica, e a labor en favor dunha sociedade mais humana e mais xusta.

Un saúdo de Nolo. Verán do 2008.