martes, 9 de diciembre de 2008

A FEIRA DA CULTURA : CULTUR.GAL


Tuvo estes días lugar na Coruña, a feira das industrias e productos culturais, Cultur.gal, donde se apreciaba unha importante parte da producción cultural de este noso pais, sobre todo nos apartados de Literatura, libros, editoriales, na producción musical, e na produción audiovisual, con diversos encontros, foros de debate, presentación de libros, revistas, discos, audiovisuais, que dan unha imaxe do desenvolvemento e do dinamismo de estas actividades culturais. Tamén o achegamento de público, nestes días, que cada vez vai a mais, aínda que o parecer mais ben para enterarse e informarse, que para comprar e invertir. Pero bueno o importante de unha producción cultural e facerse ver, visualizarse, dinamizarse, e poñerse en circulación, logo virán as outras cuestións, mais de tipo económico. Tamén botase de menos outras actividades culturais, que teñen que ver quizás coas artes plásticas e o teatro, tamén porque estas outras teñen outros circuitos, pero de algunha maneira habería que aproveitar para visualizalas, e dalas cada vez mais, a coñecer entre os diversos públicos que acuden a este tipo de eventos.
Así pois todo o que sexa poñer en valor a nosa cultura, os nosos creadores, as diversas produccións, o mercado do cultural, sin caer evidentemente no mercantilismo, mais darlle pulo a esa nacente industria, promoción, difusión e presentación, será positivo para facer un Pais, mais culto, mais humán, mais creativo e dinámico, acorde cos novos tempos.
Nolo Suárez.