viernes, 18 de enero de 2008

PROBLEMAS NO MAR


Estamos asistindo ultimamente a unha serie de accidentes no mar, que levan a que perdan a vida
mariñeiros, afundanbarcos de pesca, desaparezcan mariscadores, etc. Nestes tempos de inverno ese mar, que dá vida, que dá cores diferentes según as luces do día, entre azues e grises, tamén se revolve no seu interior, levantando ondas de gran tamaño, e batendo forte contra as rocas. Por elo e perigoso sair a faenar nesas circunstancias, sair a mariscar, como ir os percebes, xa de por sí perigoso, para canto mais cando o mar está picado, cando hai temporal, mar de fondo, ondas grandes.
Si ben pode ser un bonito espectáculo para ver, sempre gardando a oportuna distancia, dende logo non é nada bó adentrarse, menos en malas condicións, con barcas pequenas e inestables. Aínda os barcos de pesca teñen as súas dificultades, e como fai pouco, teñen naufraxios con víctimas.
Os mariñeiros, son homes curtidos pola mar, de leendas en ocasións, acostumados a loitar con mares embravecidos, a superar dificultades, a soportar traballos duros dentro dos barcos, ou nas fráxiles barcas, mais este oficio tan duro e perigoso, debe de respetar sempre as condicións do mar, aparte de ir eles ben equipados e preparados por sí pasa algo.
Debemos pois respetar ese mar, que as veces está picado, cheo de temporais, de ondas grandes,
e velo na distancia, pois o risco de adentrarse nél e moi grande. Sexamos prudentes, e logo non ter que lamentar naufraxios e afogamentos.
Un saúdo de Nolo.

jueves, 3 de enero de 2008

UN NOVO ANO 2008


Comenza un ano novo, e atrás xa queda o ano 2007, donde seguiron os eternos problemas das guerras, das violencias, das fames, éxodos, pobrezas, mais armamentos, e menos cartos para solucionar problemas actuales. O cambio climático, a suba dos precios, a escalada da violencia en
certos paises, e nos desenrolados, as prisas, a velocidade, que nos leva a seguir a ter mais e mais
accidentes de tráfico, desastres medio ambientales, industrialismo salvaxe, etc.
Esperemos que neste ano que comenza, algúns de estes problemas se vaian resolvendo, que se lle
dediquen esforzos de todo tipo a poñerlles solucións. Que todos-as contribuiamos de algunha forma, sendo mais solidarios coas causas xustas, mais críticos cos poderes absolutos, exercendo os
nosos dereitos a discrepar, traballando nas asociacións para resolver problemas. Adicando esto é
parte do noso tempo a axuda dos demais, e do noso futuro e dos que veñen, deixando o consumismo, o egoismo, a competitividade do que a ver quen ten mais, e pensar mais no social e no cultural. Compromiso e acción para ir construíndo un mundo mellor.
Saúdos e bon ano 2008.