martes, 18 de marzo de 2008

ARTE DEXENERADA


Unha vez mais volve a ser actualidade a arte no seu aspecto mais dexenerado, escabroso e cruel.
Así un "artista" hispanoamericano, Guillermo Vargas, que se fixo famoso, o parecer porque expoñendo nunha galería de arte, este "artista" recolleu un can callejero, atouno dentro da galería e deixou que fora morrendo pouco a pouco de fame. Pois ben, dita acción, que supuxo o rexeitamento de gran parte da comunidade artística a nivel mundial, pois parece que lles pareceu ben os que dirixen a Bienal de Arte de Centroamerica, que queren contar con dito artista para expoñer alí, donde fan unha selecta selección de artista para expoñer.
A arte é comunicación, reflexión, combinación de ética e estética, mais non debe caer nas aberracións, na recreación do cruel, nas pasións mais baixas. E para denunciar situacións, actos ou inxusticias, hai outros métodos, sin ter os propios artistas que recurrir a violencia ou crueldad practica, nin con animais, nin con nengún ser vivo, ou coa natureza en xeral.
Así pois o meu rechazo total a este tipo de accións, o mesmo que a outras similares, que teñen feito en ocasións certos "artistas" no nome da arte, e coa filosofía de que "todo vale". A culpa tamén é dos críticos, comisarios, e demais "intelectuales " de despacho, que deben de vivir en cúpulas, aislados da sociedade, e da opinión da maioria das persoas que nos dedicamos a arte con sentido, como unha ferramenta útil para mellorar a actual sociedade e as relacións entre os humanos, os animais, e a natureza en xeral.
Un saúdo de Nolo Suárez.