martes, 25 de noviembre de 2008

CO PASO DO TEMPO


O paso do tempo vainos marcando, vainos ensinando experencias, vainos facendo mais reflexivos, e tomar concencia de cousas que antes o mellor pasaban mais desapercibidas. E no tempo de outono entrando inverno, como un está mais na casa, mais centrado en traballos culturais-artísticos, tamén reflexiona algo mais. Ademais o traballo para exposicións, tamén fai que se revisen temas e cadros, así na miña exposición "OUTONAL", para a A.C. O Galo, en Compostela, reflexiona sobre o tema do Outono, e de como afecta o cambio climático. Logo na colectiva para a nova sede en Sigüeiro a AAAGP, presento dúas obras que tamén teñen que ver cos ciclos na natureza, da auga e da terra, das ligazóns con estos dous elementos e o paso do tempo. Logo na colectiva de nadal para a sala AURIOL, tamén esa chegada do inverno, cos frios e neves, baixas temperaturas, tempos de reflexión sobre o que acontece o redor, e novas ideas e conceptos que poidan ir xurdindo, o tratar de innovar algo nos traballos xa previos, xa de referentes e simbólicos.
Nolo Suárez