martes, 18 de mayo de 2010

EN HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA


Neste día das Letras Galegas 2010, adicaselle a o gran poeta do Courel Uxío Novoneyra, defensor da nosa lingua, das causas xustas, comprometido coa defensa dos pobos, da liberdade, decidor activo da súa poesía, do canto da terra, do amor, do compromiso e da liberdade.
E todo isto non debe de ser cousa dun día, como o 17 de maio, sinón de telo en conta sempre. Xa que Uxío sigue a ser un poeta, un escritor fundamental para o noso Pais, que supo articular tradición e modernidade, que asumiu todo o seu bagaxe de contacto coa terra, coa natureza, coas novedades expresivas, coa forza da palabra, coas formas de decir, cos silencios, coas accións e participacións en diversos colectivos na defensa de nosa escrita e da nosa cultura.
Importancia plástica tamén teñen os seus CALIGRAMAS, as palabras precisas para describir o necesario, coa forza da grafía, coa impulsividade e expresividade que o achega a plástica expresionista, o automatismo e grafismo, a conexión de escrita e pintura gráfica, mais sempre para decir, para sentir, o compromiso coa terra, coa lingua galega, co pobo, coa cultura, e con todo un Pais, que quere ser orgulloso do seu.
Nolo Suárez