sábado, 19 de diciembre de 2009

EXPOSICIÓN EN AURIOL ARTE


Nestas datas de Nadal e final de ano, a Galería Auriol, que leva Chicho Losa, case sempre fai unha exposición colectiva : A ARTE DE REGALAR ARTE, que para estes tempos de crisis está acertada, xa que o consumismo o que nos tén acostumados o mercado, aquí presentase outra forma de mercar para regalar, ARTE, que nos axuda a enriquecer o espiritu e serve de comunicacións entre os humanos, para unha mellor cultura, sociedade e vida.
Aquí participo eu con unhas obras, das cales reproduzco dúas, que teñen que ver cos ciclos vitais da natureza, tan maltratada en ocasións, e que o cambio climático está alterando. Outra vez, o compromiso ético, coa cuestión estética, interrelacionados, esperando que así sexa para os vindeiros anos.
Un saúdo de Nolo.

EXPOSICIÓN EN AURIOL ARTE

viernes, 18 de diciembre de 2009

A DEFENSA DO IDIOMA GALEGO


Nestes días do nadal e de fin de ano do 2009, o goberno galego do pp, quere sacar adiante o decreto de reforma do galego, en contra da lei de normalización liguistica aprobada no Parlamento Galego fai anos por todolos grupos, e respaldada pola maioria dos galegos. Aproveita que ten a maioría, e que son datas de festas, para impoñer as súas normas. Eles si que impoñen, e non as indicacións e desenrolos de normas sobre o galego que fixeron os gobernantes anteriores, cuio unico fin era mellorar e ampliar a aplicación do idioma galego nas escolas, na xusticia, nos comercios, nas empresas, alí donde non se usaba case nunca.
Os artistas plásticos, ademais de facer os nosos traballos estéticos, recreando ou interpretando diversas realidades, en ocasións, temos que comprometernos coas causas xustas, en defensa dos intereses dos cidadáns, que tamén evidentemente son os nosos intereses. Esto é o que eu intento facer neste caso co noso idioma, participando activamente na campaña da Plataforma en defensa do galego, "QUEREMOS GALEGO", coa aportación dunha postal, para enviarlle a Xunta, para que sepan as nosas intencións contra ese decreto que recorta usos do galego, e para seguir potenciando na medida do posible a nosa lingua galega.
Un saúdo de Nolo.

martes, 20 de octubre de 2009

CARTEL DA EXPOSICIÓN REENCONTROS


A exposición Reencontros, proxecto da A. C. O Galo e a AAAGP, estará no local da A.C. O Galo ata principios do mes de Decembro.

EXPOSICIÓN "REENCONTROS"

Inaugurouse en Compostela un novo local da Asociación Cultural "O Galo", a asociación mais antigüa de Compostela, na Zona Vella, e froito da colaboración coa Asociación Da Amizade e das Artes Galego-Portuguesa, tuvo lugar o proxecto expositivo de 10 pintores galegos, "REENCONTROS", unha forma de chamarlle a esta nova colaboración das dúas asociacións.
A idea é precisamente a da participación de diversos artistas, con diversas tendencias, con diversas propostas pictóricas, para dar unha visión da creatividade pictórica do Noso Pais, nun momento no que a arte e a cultura están a ser cuestionados, en tempos de globalización e uniformización, de modas pasaxeiras e de superficialidade. En contra de esto están os traballos de estes 10 pintores, como Alfredo Constela, Berta Ares, Deli Sánchez, Iglesias Diz, Estrela Rúa, Fran Montoiro, Manuel Nieto, Nolo Suárez, Sabela Baña, Sol Guerra, que levan anos de experencia e traballo, que reflexionan sobre distintos aspectos que afectan o que nos rodea, e que logo plasman cos seus estilos de traballo persoanais.
Enhoraboa a A.C. O Galo, e a AAAGP, por poñer en marcha esta iniciativa, e que sigan traballando en outras novas, que potencien e mostren o noso arte e a nosa cultura.
Un saúdo de Nolo

martes, 16 de junio de 2009

PROTESTAS CONTRA A CRISIS


Teñen estes días lugar distintas protestas de traballadores de empresas que queren pechar, ou ben disminuir a producción, e todo como sempre a conta dos traballadores. Tamén o sector do agro, co tema da leite sigue sin ter solucións.
Así as numerosas protestas do sector do metal, en Vigo, donde os empresarios siguen sin querer solucionar o tema, e a policía sigue a cargar contra dos traballadores.
Tamén a empresa Caramelo, afectada por un ERE, non xustificado, e que sigue en querer despedir xente , ou ben pechar.
E o sector leiteiro, que ve que cada día aínda lle rebaixan mais os precios da leite.
E mentras os goberno do PP, dí boas palabras, e que hai que chegar a acordos, pero seguen coas propagandas, e non facendo a presión necesaria para resolver os problemas. Mais ben están a crear mais, alí donde non os había como co caso da lingua, e a súa teima do galego imposto, cando o galego e a lingua minoritaria, con risco de desaparecer o baixar cada día o nº de falantes.
Os do PP, miran para outro lado, botanlle a culpa o bipartito, preocupanse das sillas caras, de cambiarlle o nome as galescolas, pero os verdadeiros problemas siguen coa súa demagoxia e boas palabras. Siguen engañando, mais a noxa xente parece aínda non despertar, e sigue a confiar neles. Unha magoa.
Saludos de Nolo.

lunes, 18 de mayo de 2009

NA DEFENSA DA LIGUA GALEGA


Onte día 17 de Maio, Dia das Letras Galegas, tuvo lugar en Compostela unha das mais grandes manifestacións, precisamene en defensa da nosa lingua, a lingua galega, que ultimamente está sendo amenazada, e recortados os seus dereitos, polas amenazas do goberno do PP da derogación do Decreto do Galego.
A derogación de este decreto, que forma parte da Ley de Normalización liguistica, aprovada no seu día polos tres grupos parlamentarios, e que por tanto xa establecía o consenso, os acordos necesarios, para logo desenrolados através de decretos concretos na ensinanza, e na vida cotián, para introducir o galego en distintos ámbitos. Pois todos datos veñen a confirmar, que cada vez hai menos xente, sobre todo nos mozos-as, que usan o idioma galego, e hai polo tanto pérdida de galego falantes.
Polo tanto non é certo o que dí o PP nin os de Galicia biligue, que se usa mais o galego que o castelán, a realidade e que hai mais falantes de castelán que de galego. E a convivencia liguistica é xa un feito, o enfrentamento solo o están buscando os que non queren o galego e si o castelán.
A manifestación foi pois unha defensa da convivencia liguistica en igualdade de dereitos para o galego, o noso idioma aínda que lles pese, e que forma parte da nosa cultura e da nosa identidade como pobo, e que temos que impulsar o seu desenrolo e o seu uso cotián, para que non siga a perder peso na sociedade.
Un saúdo de Nolo.

domingo, 17 de mayo de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS A RAMÓN PIÑEIRO


Neste ano 2009, adicase o Día das Letras Galegas, o galeguista e humanista Ramón Piñeiro, que fixo unha estratexia política galeguista a través da cultura. Dende moi novo entrou en contacto cos galeguistas históricos como Otero Pedraio, e logo xa estivo no Partido Galeguista, con Castelo, Bóveda, e outros mais. Logo nos tempos do franquismo, da represión, traballou fundamentalmete en aspectos culturais, estivo na cárcel. Mais sempre traballou por Galicia, todolos días, como necesitamos que os dias das letras galegas sexan todolos días do ano. A importancia da lingua, e da cultura, queda de manifesto nas iniciativas que puxo en marcha, como Editorial Galaxia, Revista Grial, publicación de numeroso artículos, Dicionario de lengua galega, conferencias, etc.
Criticado logo nos anos 60 e sucesivos, polo xiro político que tuvo, o intentar galeguizar os partidos españois, frente a potenciar o Partido Galeguista, e ademais que supuxo un fracaso. Mais a súa labor, sempre mais cultural que política, seguiu impregnando a súa vida, formando xente nova arredor da famosa mesa camilla.
Apoiou sempre o idioma galego para que alcanzara as maiores cotas na cultura e na vida dos noso pobos e vilas, e sempre afirmaba, que a súa extensión era a conquista do futuro, algo que hoxe en día temos que seguir a reivindicar ante os pasos atrás na defensa do idioma e da cultura galega que quere levar a cabo o partido popular, que como sempre utilizan o que lles convén dos nosos galeguistas históricos.
Un saúdo de Nolo.

lunes, 11 de mayo de 2009

SIGUE O CONFLICTO DO LEITE


Siguen os nosos gandeiros a manifestarse e a protestar polo problema do leite, que cada vez vai a mais, pois agora pechan empresas de recollida, tamén amenazan peches outras empresas de producción, todo esto mentras siguen baixando os precios da leite que lle pagan os gandeiros, e mentras sigue a entrar leite de fora, ou marcas blancas nos supermercados, mentras o noso leite sigue a non ser recollido, e ter que tiralo en ocasións.
Miles de gandeiros protestando, e as autoridades siguen sen poñer medidas para solucionalo. O novo goberno do PP mira para outro lado, e dá case por sentado que teñen que desaparecer mais explotacións gandeiras.
O goberno central, tamén parece que solo lle interesa o sector do automóvil e dos bancos, e un sector productivo importante, sobre todo para o noso pais galego, mais tamén para outras comunidades, parece importarlle pouco.
Aquí dende a arte hai preocupación, sumanse algunha iniciativas, e aquí vai a miña tamén, de apoio e de búsqueda de soulucións xa para un sector como leiteiro básico para a nosa xente traballadora do campo.
Un saúdo de Nolo.

lunes, 27 de abril de 2009

O GOBERNO DE FEIJOO


Xa anda nombrando Feijoo os membros do seu goberno, logo de pedirlle permiso a Madrid e a Rajoi, dende alí impoñen nomes e xente vinculada a epoca de Aznar, e a outras corrrentes. Ten que dar cabida a todos, uns mais técnicos outros mais políticos. Sin embargo, medidas para solucionar os problemas poucas, seique van a estudiar o que fixo o goberno progresista anterior, coller o que lle vale, e logo ver o que poden facer. Será unha política de parches, de propaganda, de mentiras, de falsas promesas, de botarlle a culpa o goberno central, cousas as que xa nos teñen acostumados.
Pero si se caracteriza tamén o novo goberno por algo, e por ter xente pouco galeguista, de ir en contra do galego, e de soio preocuparse dos grandes eventos, para elo nombrou o Conselleiro de Cultura, un personaxe que leva moitos anos fora de Galiza, que anduvo de cónsul por varios paisex, para o Xacobeo 2010, e para que remate a Cidade da Cultura, o demais pouco importa.
Mais tamén para aplicar políticas privadas e de beneficio das grandes empresas.
E tamén dos sectores mais reaccionarios, así o nombramento de Director Xeral da A. local, a un ex falanxista, da reacionaria Galicia Bilingüe, o reacionario Jose Norberto.
Un goberno mais ben para tecnócratas, burocratas, conservadores, grandes empresarios e reaccionarios.
Así pois, unha volta atrás nas conquistas do pobo, dos sectores progresitas, dos avances nas liberdades e na democracia das clases populares.
Un saúdo de Nolo.

viernes, 24 de abril de 2009

NO DÍA DO LIBRO


No día do libro, os libros son os protagonistas, alí están nas rúas, nas librerías, nas plazas, nas bibliotecas. O libro como fonte de coñecemento, como algo que nos aporta ilusións, misterios, historias, en definitiva instrumentos para desenvolvernos na vida de forma mais crítica e constructiva.
Por eso e de destacar a exposición que ten na Biblioteca Pública Anxel Casal de Compostela, o escultor Alvaro de la Vega, donde unha serie de cabezas en barro, están polas escaleiras de acceso os distintos pisos da biblioteca.
As cabezas, como con ansia de saber, de adquirir mais coñecementos, de reflexións, intuicións, criticas e construccións. Así pois acertada composición escultórica a que nos ofrece Alvaro, que sempre ten ese toque de sorpresa, creatividade e saber facer na escultura actual galega.
Un saúdo de Nolo.

sábado, 18 de abril de 2009

25 ANOS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Con unha exposición itinerante, o Consello da Cultura Galega celebra 25 anos de traballos e apoios a proxectos culturais por todo o Pais, dende a prensa, os libros, o teatro, a música, a arquitectura as artes plásticas, todo aquelo que tuvo que ver coa cultura de este noso pais galego, está resumido na magnifica exposición organizada polo Consello, e que agora presentase na nosa cidade de Compostela, no Museo do Pobo Galego.
Co lema de crear cultura, imaxinar pais, unha cultura para un novo século.
A cultura, que abarca as letras, as artes plásticas, escénicas, música, etc., configura a realidade na que nos coñecemos, como construción dun espazo colectivo, territorio da imaxinación e da memoria. Somos o que soñamos, e soñamos con un Galiza mellor e mais culta, con unha sociedade culturalmente mais dinámica, e non dependente totalmente da industria ou do comercio. A cultura aporta riqueza a un pais, mais tamén o que importa e o coñecemento, as ilusións, as construccións e os soños. Polo tanto e mais un ben social que comercial, aínda que os traballadores da cultura aspiren como é lóxico a vivir do seu traballo. E para elo e necesario apoio, promoción , difusión, intercambio, algo do que intenta levar a cabo o Consello da Cultua Galega, con estas exposicións.
Un saúdo de Nolo.

jueves, 9 de abril de 2009

O PROBLEMA DO LEITE



Un Pais como o noso, o galego, que ten unha boa parte da población agraria adicada a produción de leite, está xa dende fai anos indignada co que está a suceder coa súa situación. Si primeiro foron as cotas lacteas, con multas por exceso de producción, producción que por outra parte era a que necesitaba o noso mercado, polo cal según decían as empresas non chegaba o que aquí se producía, e logo xustificaban que tiñan que traer leite de fora.
Esta era xa a primeira contradición, aquí non nos deixaban producir leite suficiente para nós, e logo tiñan que traelo de fora.
Logo as baixadas continuas dos precios do leite que as empresas lle pagaban os nosos gandeiros, ata chegar a situación atual, donde perden cartos por ter tan baixos os precios.
Por outra parte sigue a entrada de leite de fora, francés principalmente, que o venden mais barato, porque alí teñen axudas, co cal hai empresas que xa non lle recollen os nosos gandeiros.
Situación dificil ha que teñen os nosos gandeiros, e que quixo arreglarse un pouco, con goberno bipartito, o poñer en marcha un contrato entre gandeiros e empresas e respetar un precio mínimo para o leite. Agora tocalle o PP, e xa sabemos que estes defenden as empresas privadas, foron o que fixeron cando gobernaban, e cando se desmantelaron cantidade de explotacións agrarias, e propiciou un abandono masivo do campo.
O traballo do campo e moi necesario, para a produción de alimentos, para fixar poboación, e para que as terras sigan productivas.
Apoio pois as manifestacións da xente do campo, e contra a especulación das empresas e do capital.
Nolo Suárez

jueves, 2 de abril de 2009

FEIJOO RENDINDOSE ANTE OS EMPRESARIOS


A patronal recibe a Feijoo

Fontenla felicita a chegada do PP ao Goberno e cualifica o bipartito de "mercado persa"De xeito concreto, Fontenla explicou que a CEG insiste na necesidade de realizar despedimentos masivos "sen o visto bo da Xunta" debido aos atrasos na mediación do Goberno nestes Expedientes de Regulación de Emprego (ERE). Teimou Fontenla en que a "falta de axilidade" na tramitación chega a facer "ineficaz" a medida. "Se unha empresa fai un ERE é porque está nunha situación complicada", subliñou. Na súa opinión a actual crise é "a peor da historia" e segundo a súa análise "só cun mercado flexíbel se poderá saír dela".

Con este titular e declaracións, apenas fan falta mais comentarios, esta vai ser a política para os traballadores ante a crisis, mais despidos, mas facilidades para os empresarios, e mais penurias para os traballadores. E por suposto seguir dando cartos os bancos, que non se sabe ben logo donde os meten, xa que a crisis sigue golpeando con forza os diferentes traballos, pequenos comercios, etc.
Feijoo, como os do PP, moito prometen nas campañas a base de mentiras que logo non van cumplir, e votaranlle a culpa a alguien, a Zapatero, a oposición, as condicións do mercado, etc.
Así pois hai que prepararse para tempos difíciles e bastante escuros.
Nolo.

lunes, 30 de marzo de 2009

AS MANIPULACIÓNS CO PRESTIGE


Xa van alá varios anos da catastrofe do petrolero Prestige, que causou a maior marea negra nas nosas costas. Agora andase co xuicio para determinar responsabilidades. E outra vez o PP, coas súas practicas clientelares, manipulativas, tendenciosas, consigue quen sabe porque ifluencias no xuzgado de Corcubión, con probas dun técnico que estivo implicado, que declaren que non hai culpables do goberno, e que todo estivo ben feito.
Así vemos que o que era un accidente, pola neglixencia dos políticos, convertironno nunha catástrofe, pola ocultación da verdade, polas mentiras que contaban, negando tanto que había marea negra, como que eran uns hilitos de plastilina, como que coas barreiras que puxeran xa estaba todo solucionado.
A marea negra foise parando algo, gracias os miles e miles de voluntarios, a verdade foise sabendo gracias as denuncias do movimento Nunca Mais, os medios de comunicación que non estaban comprados, as reportaxes de fotografos, etc. , que fixeron que o goberno do PP tuvese que admitir a catástrofe, mais nadie e culpable, nin nadie dimitiu. Mais os culpables, polo menos politicamente siguen ahí, con toda a cara, ahí sigue Fraga, DeMesa, Feijoo, Rajoi, Cascos, Sors, entre outros, ocupando cargos públicos, cobrando de todos nós, como si nada pasara, como si tivesen razón aínda por riba.
As mentiras, os enganos, as manipulacións, constantes do PP, fixeron no seu momento que o movimento Nunca Mais, esto é os sectores do pobo mais concienzados tuvesen iniciativas e protestaran, temos que seguir facendo o mesmo, para desaloxar os manipuladores dos postos do poder, que non nos manexen mais.
Nolo Suárez

domingo, 29 de marzo de 2009

EN RECORDO DE ANTÓN MOUZO


Entrou a primaveira, viñeron xa días de sol, e as frores comenzaron a brotar nalgúns árvores, ou ben comenzar cos primeiros brotes que logo traerán as frores. Despestan as cores, desperta a natureza, os ollos abrense a novas miradas, de luzes e cores naturais.
O mesmo pasoume, visitando a exposición retrospectiva do pintor, amigo e compañeiro na AGAV, Antón Mouzo, falecido fai pouco, aínda xoven, e en plena actividade creativa. Nesta exposición organizada pola Concellería de Cultura de Compostela, xunto co Auditorio de Galicia, sitio donde se expón, podemos ver dende traballos xa dos anos 70, donde prima a figura, ata os dos 80 e 90 , en donde a natureza, follas e frores, ,árvores, principalmente teñen importancia, ata os traballos mais recentes, feitos con materiais da súa zona, Vimianzo, como a mica, e tamén ramas de árvores, donde a natureza está mais imaxinada, composta según a visión do artista, o mesmo ocurre nas útimas obras, donde a natureza está pixelada, como si se tratase informáticamente.
O cal nos dá unha referencia do traballo de Antón Mouzo, donde a reflexión e a investigación de novos materiais, van xunto a novas técnicas de expresión, mais con unha preocupación ética e estética.
Unha acertada e necesaria exposición, para dar a coñecer mais polo miudo a un dos pintores da nosa xeración, entender algo mais o seus traballos e a súas evolucións.
Nolo Suárez

miércoles, 25 de marzo de 2009

XA ANDAN A REPARTIR CARGOS


Non sabemos en concreto as medidas que vai aplicar o PP contra a crisis, as que decía de aforrar, e de gastar menos, serán para actividades que eles sempre consideraron de pouco interés como a Cultura, mais sí darlle cartos as empresas "seudoculturais" dos seus amigos, que nos organizarán macroeventos, e unha cultura de consumo rápido.
Tamén, e entre señoritos anda a cousa, como o caso da Corina, que ocupará posiblemente varios cargos, co cal os sobresoldos estarán según eles xustificados, o mesmo que os superdelegados que quere nomear Feijoo.
Comenza o baile de nomes para altos cargos, para seguir ganando cartos, mentras as solucións contra a crisis seguirán en papeles, moi bonitos e atractivos, pero para a xente traballadora, tanto da industria, comercio, agricultura, pesca, cultura, seguirán os mesmos problemas, pois o PP nunca mostrou o mais minimo interés por resolvelos, solo nomealos durante a campaña, ou poñelos nun papel, ou como decía o seu teórico económico, o Pedrito Arias, escribindoos nos libros, mais de poñelos na práctica nada, pois teñen moitos compromisos cos empresarios, cos especuladores, cos medios que os apoiaron e divulgaron as súas mentiras e promesas, que xa en outras ocasións sabemos que non cumplen. Logo volverán a votarlle a cupa os demais, a Zapatero, o bipartito, etc.
Cargos e cartos, si que saben repartirse entre eles e os seus, xa nolo demostraron suficientemente durante 16 anos, mais sin asumir responsabilidades, polo Prestige, polos casos de corrupcións, polo ataque a nosa lingua e cultua, etc.

lunes, 23 de marzo de 2009

NO DÍA DA AUGA


Nestes días celebrase o día da Auga, ese elemento esencial para a vida humán, e que nos chamados paises civilizados tan pouco coidamos, e aínda mais, derrochamos, sin control en moitas ocasións.
E que por outra parte tamén estropeamos en ocasións pola contaminación, así na nosa Galiza, que a chaman as veces o Pais dos mil ríos, estes ríos están en malas condicións, contaminados ou emporcados por todo tipo de residuos, que non nos preocupamos de recpññer e de tirar nos contenedores, e van o río porque é mais fácil.
Mentras noutros paises, os chamados dos tercer mundo, a auga e tan escasa, que morre xente por non poder bebela en boas condicións, esto é saneada.
Tamén ven con bo motivo nestes días a exposición no Museo do Pobo Galego, de Fuco Reyes, que se titula precisamente, "Retratos de auga", como unha mostra fotográfica entorno de este elemento, através de ríos, fontes, regatos, mares, distintos espazos de auga, de distintos lugares que chamaron a atención de Fuco, e que tan ben plasmou coa cámara.
Así pois un elemento fundamental a defender en moitas vertientes, para a vida, para a saúde, para a beleza e para a arte.
Un saúdo de Nolo.

domingo, 15 de marzo de 2009

NO CONCEERTO DE MIRO CASABELLA


Foi fai uns días o concerto en Compostela de Miro Casabella, organizado pola A.C. O Galo, e no local de esta asociación, con motivo da presentación do libro de Xan Fraga sobre Miro e o grupo de Voces Ceibes. Alí encontramonos xa coñecidos de outros eventos, e que xa estuvemos fai anos en concertos dos Voces Ceibes, tamén organizado pola A.C. O Galo, e tamén no recente homenaxe que se lle fixo en Compostela.
Había tamén xente nova, que segue a Miro, pois este é o único do grupo que sigue dando concertos, defendendo a música de autor en galego, e por suposto que o concerto foi unha reivindicación da defensa da nosa lingua, da nosa cultura, nun momento político, donde se quere dende o PP derogar decretos que favorecen a normalización do uso da nosa lingua.
Mais tamén demostrou Miro, os seus traballos de recollida de cancións, de adaptación de cantigas medievais, do bon uso dos diferentes instrumentos, como guitarras, zanfoña e arpa, conxugando tradición con modernidade, mantendo o espiritu dos trovadores, cantares de cegos, e canción protesta.
Na canción protesta militou nos anos do franquismo, con concertos por todo o pais, o lado de Raimón e tantos outros, e tamén en Paris e outros paises.
Hoxe sigue estando en activo, a psar das dificultuades e dos anos, e como el mesmo dí, en tempos díficiles que se aveciñan para a cultura do noso Pais, vai seguir cantando e decindo verdades con música e textos, con poemas e cancións, que axuden a unha sociedade mellor.

Un saúdo de Nolo Suárez

viernes, 6 de marzo de 2009

VOLVEN OS SEÑORITOS E OS CACIQUES


Xa se peparan os señoritos e os caciques, para ocupar postos na nova Xunta, para seguir cos privilexios e mangoneos, aos que nos tiñan acostumados durante 16 anos do fraguismo. Agora coas aparentes caras novas, pois é mentir, case todos xa estaban en algún posto con Fraga, mais con nova imaxen queren dar o caramelo de cambio, cando realmente o goberno de cambio e progreso foi o do bipartito, donde os avances sociais, infraestructuras e emprego público tuvo un notable desarrollo.
Agora os novos caciques, xa teñen que privatizar, xa teñen que rendirse os mediátidcos e os privados, como é o caso de Pescanova, que queren que volva o paraxe natural de Touriñán. Tamén repartirán as eólicas os seus amigos, queren cambiar as Galescolas, e moitas cousas mais,.
Cambiar cousas costa cartos, así que o tan cacareado aforro, xa se verá en que queda, todo e propaganda e mentiras, o que realmente lles importa e manterse no poder. Seguir a política clientelar que xa tiñan. De pouco vale, que queira cambiar de coche e reducir consellerías, si despois vai haber dedicacións exclusivas, e moitos jefes intermedios. Mentras a ver como vai acabar co paro, si é un problema global das economías de mercado, liberalitas e especulativas, as mesmas que sempre defendeu o PP.
Nolo Suárez.

jueves, 5 de marzo de 2009

30 ANOS DOS MONICREQUES DE KUKAS


Cando se levan 30 anos traballando na creatividade, como é o caso do artista compostelán Kukas, e merecida unha boa homenaxe ou recoñecemento. Pois aparte de poñer en marcha monicreques, a pintura, o deseño, a escrita dos textos, a música, e todo o acompañamento que conleva unha obra de este tipo, ten que ser , aparte de un enorme traballo e coordinación, de gran creatividade e inxenio, como neste caso ten Kukas xunto con Isabel.
Así levan poñendo en marcha dende fai anos numerosas obras de repressentación dos monicreques, como son :Pirula do vertedeiro, O colar de Marica, A rúa das Balconadas, Canonxo, Mariscal, Unha noite no pórtico do Paraíso, Galiza Máxica, Don Gaiferos, Anxélica no ombral do ceio, O retablo do maese Pedro, Historias dun papel, Adubíos, Cucarandainas, Xan Trapallas, Contos do vento acatarrado, O cantar da Cantaruxa..., son títulos que contan unha parte da historia do teatro galego.

Isabel Rey e Marcelino de Santiago reivindican un teatro de marionetas "que teña algo detrás". "Os monicreques son monecos que fan teatro; se non se moven son só monecos". E entre todas as sensacións que lles provoca o teatro quedan con unha: "ese momento máxico no que o público só ve o moneco, non ven a persoa que está detrás; de algo concreto créase algo abstracto". Así pois moitos éxitos a Isabel e Kukas, e que sigades moitos anos mais creando e deleitandonos coas vosas obras.

Nolo

lunes, 2 de marzo de 2009

GALIZA VOLVE A UNHA ETAPA GRIS


Logo das eleccións do 1M, Galiza volve a unha etapa gris, o gañar por maioria absoluta o PP. Volverán a unhas políticas dos amiguismos e enchufismos, as que nos teñen acostumados da era Fraga, donde o Axente 009 Feijoo, foi o delfín de Fraga, coas políticas de privatizacións, especulacións, e falla de políticas sociais. Donde todo era festa e derroche para os seus amigos , as súas empresas e os seus caciques. Volve pois o caciquismo, con novos axentes, e con outros xa de etapas anteriores. Van desfacer o que fixo o bipartito, en avances sociais, culturais e económicos, basados nunhas políticas públicas, e non en fomentar a privatización e a especulación, o que nos teñen acostumados os do PP.
Valeronse, das mentiras, dos engaños, dos apoios dos caciques e das redes clientelares que aínda lles quedaban, e convenceron coa doble faceta do axente Feijoo, os indecisos,decindo e mentindo ata a saciedade que o bipartito non había feito nada.
Mais tamén os do bipartito, non superon convencer a estes indecisos, coas cousas e políticas que puxeron en marcha, mellora do medio ambiene, creación de escolas infantiis(galeescolas), centros de día e da 3ª edade, novas infraestructuras, novos hábitos democráticos, contar cos sectores sociais, desarrollar política sociais, etc.
O PP fixo unha campaña sucia, de infamias e mentiras, de anécdotas, de botar as culpas da crisis o bipartito, e non se supo responder ben a esto, xa que o electorado creeo o PP.
Vamos a ver como afrontamos esta nova etapa, e si somos capaces de abrir ocos de luz no panorama gris que nos espera.
Nolo

sábado, 28 de febrero de 2009

ANTROIDO E 23 F


Coincidiron este ano os antroidos coa data do 23 F, cando Tejero e outros militares quixeron dar un golpe de estado, para derrocar a democracia e as libertades, para instaurar outro reximen militar, algo parecido o franquismo.
Por eso todolos democrátas salimos as rúas a protestar, a manifestarnos en contra das mais diversas formas. Pois si o golpe militar chega a triunfar, aparte de suprimir libertades, seria volver atrás en cultura, economía, e desarrollos sociais.
Así que a antroidada que facían os militares, era mais seria do que parecía en principio, o estar implicados moitos militares mais tamén civiles, moitos simpatizantes da dereita, dos conservadores,dos que queren volver atrás os avances sociais.
Algo parecido, aínda con distintos axentes e circunstancias, pasa na atualidade coas eleccións na nosa Galiza, os conservadores do PP, agora disfrazados de axentes 009, que están facendo unha campaña sucia, de descalificacións, de mentiras, de promesas que logon non cumplen, con tal de volver o poder, de volver atrás, os tempos de antes, donde xa gobernaron 16 anos, e os avances sociais apenas existiron.
Agora é necesario que os demócratas , progresistas e nacionalistas, salgamos a votar polas reformas e os avances sociais. Polo que é necesario que sigan gobernando os progresistas, o bipartito, para que se siga profundizando na democracia, nas libertades e nos avances sociais.
Nolo Suárez

domingo, 22 de febrero de 2009

EXPOSICIÓN SOBRE O ANTROIDO


Nestes días de entroido, onde o don Carnal, a crítica, a tradición, a festa, as máscaras, as coplas, os disfraces, son os que predominan polos diferentes lugares da nosa Galiza, tamén son tempos para a reflexión, para recoller tradicións, para destacar aqueles entroidos tradicionais, para que non se perdan, xa que teñen un valor cultural e patrimonial moi importante.
Así pois, festa, alegría, desparpaxo, crítica e bon humor, acompañan a reflexión, o traballo artesanal, o traballo da tradición, o coñecemento e cultura, de entroidos tan tradicionais como os de Verín, Xinzo de Limia, Laza, entre outros.
E esto é o que fai o pintor Alfredo Constela, que co título "Acuarelas do Entroido" que se expoñen estes días e ata o 28 de Febreiro, na Sala Pedro Mirás de Sigüeiro, da Asociación da Amizada e das Artes Galego Portuguesa, donde recolle con gran traballo, precisión , colorido e expresión, as distintas manifestacións do entroido por Galiza.
Como ben dí no folleto da exposición, Sabela Baña : A pincelada áxil, a integración da cor das figuras e do fondo así como a dinámica proxeción do movimento son caracteristicas que producen unha atmósfera cargada dun carácter claramente poético que destila emoción.
Así pois emoción, expresión e cor, coñecimento, tradición e modernidade, nesta mostra sobre o Entroido galego, que esperemos se manteña por moitos anos.
Un saúdo de Nolo.

viernes, 20 de febrero de 2009

NA DEFENSA DO LOBO IBÉRICO


E o lobo ibérico, aínda que non o parezca, é un animal en perigo de extinción, pois a caza sin control do animal, tamén se suma a falta de alimentos, a queima dos montes, a redución do seu hábital natural. E este animal, as veces inxustamente criticado e maldecido, forma parte da nosa historia, da nosa cultura, polo que ten que ser conservado. Con motivo de esto, faise a exposición organizada por ADEGA, ERVA, e AAAGP(asociación da amizade e das artes galego portuguesa), donde participan mais de 60 artistas, entre pintores, fotografos, escultores, videos, e tamén carteis e elementos relacionados co lobo, con unha laboura de protección da especie, denuncia, e tamén con unha función didáctica.
Logo de estar xa esposta no Centro Ambiental de Oleiros, agora ven a Compostela a exposición que estará durante un mes no Centro Socio Cultural de Vite, para que a cidadanía tome conciencia da necesidade de protexer, defender e conservar o hábitat natural de esta especie. O mesmo tempo que son necesarias medidas de apoio os gandeiros que sufran os ataques dos lobos, pois estes cando non teñen comida, atacan a rebaños, mais estes ataques, con medidas oportunas, poden evitarse ou polos menos minimizarse. Mais esto non é motivo para grandes cacerías, sin control, de matar por matar. Por eso cada vez é mais necesario ese compromiso, que nesta ocasión artistas e escritores fixeron cos seus traballos expostos na defensa do lobo ibérico.
Nolo Suárez.

jueves, 5 de febrero de 2009

CONFRONTACIÓNS NA ARTE


A confrontación, dende os primeiros tempos da humanidade, está sempre presente na vida e na existencia dos humáns, o importante e canalizala por medios pacíficos, creativos e de debate.
Esto mesmo ocurre nas artes, habendo distintas opinións entre os artistas, mais respetando as distintas opcións, as distintas correntes, pois esto enriquece e aporta distintos puntos de vista.
Estas confrontacións, en plan debate, en plan aportacións e defensa das ideas ou prácticas artísticas, non deben evidentemente de pasar de ahí, deben quedar pois no plano dialectico. Unha maneira de como tamén debería ocurrir na vida cotián, cousa que por desgracia non se dá sempre, e así temos episodios de violencia, domestica, nos lugares de traballo, nos lugares de diversión, etc.
As distintas opinións en arte, reflexánse logo na práctica artística que fai cada un, e sempre é interesante que se poidan mostrar, para elo sirven as exposicións colectivas, que se organizan en diversos espazos, e por diversas entidades.
Fai pouco comentaba, a inauguración dun espazo espositivo da Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa, a Sala Pedro Mirás, coa exposición COMENZARTE, de pintura, gravado, debuxo, fotografía, escultura, polo tanto diversas técnicas e diversos estilos.
O que contribuie tamén a diversidade, e a confrontación artística, son as mostras de MailArt, por eso e de agradecer a mostra que vai facer a Sala Sanoguera de Melide, e donde espero participar precisamente coa obra Confrontación.
Nolo Suárez

miércoles, 4 de febrero de 2009

LUZ CADA VEZ MAIS CARA


Logo do temporal que nos afectou fai varios días, e que tuvo consecuencias entre outras que miles de persoas quedaran sin luz, polos destrozos causados nos tendidos eléctricos, e que supuxo o enfado e prostesta de numerosos cidadáns, sumase agora as desorbitadas subidas do recibo da luz.
Si como dí o refrán despois da tempestade ven a calma, está claro que coa luz, ese servizo público en máns privadas o que deberían ter dereito todos los cidadáns, non está ocurrindo.
Xa dende fai tempo, hai queixas e mais queixas do mal funcionamento deste servizo, sobre todo en pobos e aldeas, donde os cortes de luz, ou a baixada de tensión son constantes, causando numerosos problemas e pérdidas, nos conxelados, nos tanques do leite, nas muxidoras, etc.
O curioso, e que as veces estes pobos e aldeas, están cerca dos embalses, muiños de vento, e centrales que producen a enerxía, que sufren os seus problemas, mais non se benefician.
Tamén e curioso, que unha das empresas de sempre explotadora de este servizo en Galiza, como é Unión Fenosa(Penosa quedaría mellor), gana e gana beneficios, a costa de un mal servizo, de non cuidar as liñas, de non actuar pronto nas averias, e aínda por enriba, sube agora de maneria desorbitada o recibo da luz, claro para seguir ganando mais, sin importarlle os cidadáns, que siguen a protestar.
Esperemos, que os gobernos, e defensores dos dereitos cidadán tomen cartas no asunto, e tamén protesten e tomen medidas contra o abuso das compañías privas de electricidade.
Nolo Suárez

viernes, 30 de enero de 2009

DÍA ESCOLAR POLA PAZ


Hoxe celebrase o día escolar pola Paz, aínda que debían ser todolos días do ano días de paz, está ben que se lle adique un día concreto, para que os escolares sobre todo, mais tamén todalas persoas ineresadas fagan actividades acerca da paz.
Sobre todo nun tempo como o actual, onde as guerras continúan, coas escenas de destrucción e morte, con tantas escolas destruídas, e nenos mortos ou feridos, nenos sin escolarizar, con fame e desnutrición, con tanta miseria e enfermedades, que nos fai as veces pensar, en que mundo estamos ou en qué civilización.
As guerras e os conflictos armados siguen a estar presenten en numerosos puntos do mundo, Irak, Palestina, Congo, Agfanistán, India, etc. , sin que se fagan moitos esforzos por resolvelos. E precisamente establece este día da Paz, en recordo da morte ou mais ben asesinato do pacifista Ghandi ala polo ano 1.948, el que precisamente estivo liderando o pacifismo, esperamos que as súas ensinanzas sigan presentes.
Tamén que aquí na Galiza, teña cada vez mais éxito e repercusión todo o traballo sobre a paz que está a facer o Seminario Galego pola Paz, que ben dirixe Manuel Dios, xunto con outras persoas.
Nolo Suárez.

lunes, 26 de enero de 2009

SOBRE A CRISIS ECONÓMICA


A crisis económica que nos afecta está en boca de todos, e agora mais que están proximas as eleccións autonómicas. Vamos a ver recetas e mais recetas contra a crisis, mais quizás medidas practicas poucas e o peor e de quen a está sufrindo xa, ou que a ven sufrindo dende xa fai meses. Así parados, ou pequenas empresas que teñen que pechar, son os que están pagando as consecuencias. Mentras os financieros, especuladores, constructores sin escrupulos que ata agora estuveron facendo fortunas precisamente coa especulación, agora queixánse de que xa non ganan tanto, e que necesitan axudas, e algúns gobernos ou partidos no poder dánllas, mentras retrasan as axudas os que verdadeiramente as necesitan, esto é , os parados e as pequenas empresas que teñen que pechar.
Outra vez, este sistema capitalista neoliberal, de facer cartos rápidamente, de especular, de vender e endeudarse, de privilexiar as grandes empresas privadas, volveu a entrar en crisis, pero como case sempre, que a paguen os traballadores e as clases populares, con despidos, regulacións de emprego, deslocalizacións, ou suspensión de pagos.
E necesiario unir esforzos, os sindicatos teñen que estar moi alerta, xa que o capital pode disfrazarse de bo e de victima, para sacar tamén partido de todo esto. E son os traballadores e as clases populares, as que necesitan do apoio e de medidas efectivas, e non soio promesas, para salir da crisis, creando tamén empleo con inversións públicas e mais obras públicas. Apoios concretos, axudas e solidaridade cos que realmente sufren esta crisis atual.
Nolo Suárez.

jueves, 22 de enero de 2009

HOMENAXE A RAMÓN MUNTXARAZ


A Psiquiatría tenta axudar os enfermos mentais a superar as suas doenzas. Enfermos que aínda son mal vistos en certos ambentes sociais. Por outra parte as enfermedades mentais, teñen diversas causas, personais, familiares e sociais. Entre as sociais, está a nosa forma de vida, traballo e cultura.
E esto sabíao ben, o psiquiatra Ramón Muntxaraz, que aínda sendo natural de Toledo, chegou a Galicia a finais dos 70, e pronto integrouse na cultura e na política do Noso Pais, na defensa dos traballadores e das capas populares mais desfavorecidas, mais proclives a sufir transtornos mentais, e por suposto na defensa dos enfermos mentais, poñendo en marcha diversas iniciativas, e sendo para algúns, como min, daquela principiantes na saúde mental, unha luz de claridade, de solidaridade e compromiso.
E por elo que agora, falecido fai pouco, xente e personalidades de distintos ámbitos, da cultura, da política, da psiquiatría, se rendan un merecido homenaxe, tamén sirvan este humilde texto meu de homenaxe a unha persoa que se entregou decididamente, a causa social, política e de axuda e traballo pola mellora da xente do Noso Pais, e dos enfermos mentais.
Nolo Suárez.