miércoles, 26 de diciembre de 2007

VELOCIDAD-ACCIDENTES


Nestas festas do Nadal, hai combinacións peligrosas que fan que aumenten o número de accidentes de tráfico. Así temos, salidas nocturnas, mal tempo, bebidas, velocidades excesivas, si a esto lle añadimos a xuventude dos que conducen, o accidente é bastante problable.
Vivimos con presa, facemos todo a correr, collemos o coche para desplazarnos e queremos chegar rápido, logo ademais, si se bebe, sempre se pensa que a ún non lle vai a tocar, e logo pasa o que pasa.
Conducimos as veces de forma temeraria, sin respetar señales de tráfico nin límites de velocidad, pensamos que todo se pode saltar, que a nós eso non nos vai afectar, mais logo as consecuencias son fatais.
Accidentes, mortes, lesións importantes, invalideces, etc. son os resultados, estamos a perder unha
parte da nosa xuventude, polos accidentes de tráfico, a maioria das veces por imprudencias que podían ser evitadas con un pouco de previsión, cautela e atención.
E as cifras de accidentes non paran de aumentar, seguimos a pesar das recomendación, anuncios, advertencias, retiradas de puntos, a conducir de forma temeraria en algunhas ocasións e a poñer en peligro a nosa vida e tamén a de outros.
E pois necesario tomar conciencia do problema, e ir poñendo solucións, que en principio pasan polo respeto as normas, a condución prudente, a ausencia de alcohol, a ser consecuente, e estar alerta a posibles imprevistos. As prisas tampouco non son boas compañeiras na conducción.
Un saúdo de Nolo, e boas festas, e si conducides, con coidado e previsión, xa que o importante
e chegar ben os destinos.

lunes, 17 de diciembre de 2007

SIGUE A VIOLENCIA DE XÉNERO


Seguimos asistindo case a diario a episodios de violencia doméstica, a violencia de xenéro, que se leva a cabo contra das mulleres e que están a causar agresións e mortes.
Estamos nunha sociedade, donde aínda non se conseguiu realmente o respeto os xemellantes, os compañeiros e compañeiras, a compartir vidas, sin violencia, sin agresións.
Diversos motivos son os causantes, celos, bebidas, drogas, caracter agresivos, represións que logo se desatan, venganzas, etc., mais ningún motivo xustifica a agresión as mulleres, as nosas compañeiras, que sempre están ahí para compartir, para vivir, amar e sentir.
Unha parte da cultura de esta sociedade, basada aínda no machismo, no sentirse superior, asoballar os mais débiles, ir de duros, etc.., valores que siguen ahí, e que prenden as veces en certa xuventude, non temos mais que ver as peleas logo gravadas en móviles, o acoso escolar, etc. pode levar a novos casos de violencias.
Tampouco axudan moito certos contidos dos medios, sobre todo da televisión, dos videoxogos, etc.
Temos entre todos-as, que poñerlle freno a esta sangría, a esta violencia, educando en valores, ser mais tolerantes e respetuosos, entendendo os compañeiros-as, e protestar levantando as voces de denuncia contra a violencia de xénero, e por extensión a todo tipo de violencia.
Por unha sociedade mais xusta, pacífica, respetuosa, tolerante, e mais democrática e solidaria.
Un saúdo de Nolo Suárez.

jueves, 13 de diciembre de 2007

DO CAMBIO CLIMÁTICO


Estamos de forma casi continua vendo os efectos do cambio climático, do efecto invernadero, con cambios nos climas, con alteracións da natureza, coa subida das temperaturas, e do nivel das augas. Os políticos dos diversos paises desarrollados, xuntanse varias veces, toman acordos, pero logo os grandes paises como EE.UU., con cumplen os acordos, siguen contaminando, siguen botando CO2 a atmósfera sin preocuparlles as consecuencias.
E hora que todos fagamos contribucións a frenar ese cambio climático. Aforrando no que se poda en enerxía, e tamén protestanto cando faga falla. Decirlle os concellos, agora que ven o Nadal, que non fai falla tanta iluminación, mais transportes públicos, mais usos das bicis, entre outras.
E tamén dende o campo da pintura, fomentar traballos pictóricos e logo exposicións, que teña este tema como motivo, para ir sensibilizando e concienciando cada vez mais de este problema , que en definitiva nos afecta a todos e a todo o planeta.
Un saúdo de Nolo.

viernes, 23 de noviembre de 2007

ENCONTROS EN TORNO A MAN DE CAMELLE


Este fin de semana houbo en Camelle, na Costa da Morte, o primer encontro artístico cultural para homenaxear a Man de Camelle, un artista singular, que fixo a súa vida o marxe, vivindo de forma natural, facendo arte cos restos da natureza e do que o mar lle traía, así como das pedras e bolos que alí donde se asentou encontraba.
Pero Man morreu de tristeza cando a súa vivenda, o seu mundo da arte, as súas obras, se viron anegadas de chapapote pola catástrofe do Prestige, que os responsables políticos daquela non superon facer o necesario para que eso non pasara, pasearon o barco por toda a nosa costa soltando fuel.
Man foi un artista singular, que fixo arte co mais elemental, un dos nosos artistas do Land Art, que deixou pegadas interesantes que agora coa fundación e o museo que levará o seu nome, e que tratará de recoller o seu legado, esperemos que vaia adiante, se faga alí donde el viviu de forma especial durante tantos anos, e creou un mundo particular, que nos debe facer reflexionar sobre o valor das cousas naturais, e sobre todo da defendensa do noso mar.
Un saúdo de Nolo.

sábado, 10 de noviembre de 2007

OS 5 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE


Xa pasaron cinco anos do desastre do petrolero Prestige, que pola mala xestión dos políticos daquela do PP, fixeron que un accidente se convertira en desastre, o maior desastre medioambiental da Galiza, enchendo de chapapote as nosas costas, ennegrecendo o noso mar, matando a vida mariña, e deixando sin traballo a tanta xente do mar.

A cor negra inundou a Nosa Terra, manchando o Pais, que logo foi contrastado pola cor blanca dos voluntarios, de todolos lugares, e de distintos sectores sociais. Así mariñeiros, estudantes, xentes das cidades, da cultura, etc.., contribuiron co seus esforzo a que as nosas costas foran pouco a pouco recuperandose do negro chapapote, e volveran a ter vida.

Exemplo de compromiso, de solidaridade, de tanta xente, de voluntarios, de traballadores de toda índole, de xente de distintos paises, que temos que ter na nosa mente, na nosa conciencia, no noso corazón. O seu traballo e esforzo non foi inútil, como sí as actuacións dos políticos daqueles momentos.

Esperemos que non volva a suceder desastres de ese tipo, temos que seguir vixiantes, seguir presionando sobre os actuales gobernantes para que poñan todalas medidas necesarias, e ter un mar limpo e vivo, nun Pais comprometido e solidario.

Un saúdo de Nolo.


viernes, 19 de octubre de 2007

DESPOIS DO VERÁN


Logo do verán, a presencia do mar aínda queda na memoria, e elo permiteme seguir a traballar temas relacionados precisamente co mar, e a enlazar con algúns traballos anteriores, sobre a auga, sobre temas mariños. Auga e vida, o mar misterio e navegacións, o mar de cores cambiantes, de profundidades, de naufraxios, de recordos e leendas, de tesouros e monstruos mariños. Un mar cheo de vida que temos que defender dos desalmados que o contaminan, que o maltratan, que o utilizan para beneficio propio. Non podemos darlle as costas o mar, temos que defendelo, e os pintores pintalo para mostralo en toda a sua magnitud e esplendor.

Un saúdo de Nolo

NA DEFENSA DA PINTURA



Hoxe en día vemos con frecuenciaque en certos espazos dos chamados de arte contemporánea, a pintura está algo marxinada, xa que siguen a pensar que xa está morta, ou que ten pouco que decir. Mais esto logo na realidade non coincide así, pois cada vez siguen a verse en distintos espazos, tanto públicos como privados, exposicións de pintura, con pintores de diferentes edades, procedencias, estilos, etc. E mais no noso Pais Galiza, donde a pintura e os pintores tiveron unha presencia importante, e hoxe en día siguen a tela, e neso seguimos a traballar moitos de nós, en facer unha pintura que parta do noso, mais incorporando a modernidade precisa, a atualidade e como non a contemporáneidade.

Un saúdo de Nolo

jueves, 18 de octubre de 2007

En Defensa do Medio Ambiente


A defensa do medio ambiente é algo que nos concierne a todos-as, pois a larga, e xa agora mesmo vemos que o cambio climático está a facer das súas, con inundacións, fortes tormentas en algúns paises, mentras que noutros sigue a sequía, a falla de alimentos etc.
Tamén desde os artistas, e sobre todo desde o pintores esta sensibilidade nos fai preocuparnos polo tema, e así algún de nós temos realizado pinturas destacando estes temas. Eu por exemplo, e sendo galego, o tema dos incendios forestales do verano pasado afectoume e dende logo non podía quedar o marxen nos meus traballos pictóricos, polo que fixen algunhas pinturas sobre eses temas, denunciando por tanto a destrución do medio ambiente, mais concretamente os nosos bosques e montes polos incendios forestais, a maior parte deles intencionados.
Un saúdo de Nolo Suárez.

jueves, 11 de octubre de 2007

Presentación


Hola, son o pintor compostelán Nolo Suárez, que veño expoñendo pintura dende os anos 80 en distintos espacios expositivos, como salas, galerías, museos, fundacións. E quero através de este blog, ir contando cousas relacionadas coa miña actividade pictórica e artística, esto é, proxectos expositivos, realizacións concretas, aportacións diversas a arte, así como xa mais concreto os traballos pictóricos que vaia elaborando ou expoñendo.