viernes, 18 de enero de 2008

PROBLEMAS NO MAR


Estamos asistindo ultimamente a unha serie de accidentes no mar, que levan a que perdan a vida
mariñeiros, afundanbarcos de pesca, desaparezcan mariscadores, etc. Nestes tempos de inverno ese mar, que dá vida, que dá cores diferentes según as luces do día, entre azues e grises, tamén se revolve no seu interior, levantando ondas de gran tamaño, e batendo forte contra as rocas. Por elo e perigoso sair a faenar nesas circunstancias, sair a mariscar, como ir os percebes, xa de por sí perigoso, para canto mais cando o mar está picado, cando hai temporal, mar de fondo, ondas grandes.
Si ben pode ser un bonito espectáculo para ver, sempre gardando a oportuna distancia, dende logo non é nada bó adentrarse, menos en malas condicións, con barcas pequenas e inestables. Aínda os barcos de pesca teñen as súas dificultades, e como fai pouco, teñen naufraxios con víctimas.
Os mariñeiros, son homes curtidos pola mar, de leendas en ocasións, acostumados a loitar con mares embravecidos, a superar dificultades, a soportar traballos duros dentro dos barcos, ou nas fráxiles barcas, mais este oficio tan duro e perigoso, debe de respetar sempre as condicións do mar, aparte de ir eles ben equipados e preparados por sí pasa algo.
Debemos pois respetar ese mar, que as veces está picado, cheo de temporais, de ondas grandes,
e velo na distancia, pois o risco de adentrarse nél e moi grande. Sexamos prudentes, e logo non ter que lamentar naufraxios e afogamentos.
Un saúdo de Nolo.

No hay comentarios: