viernes, 15 de agosto de 2008

OUTRA VEZ A VIOLENCIA DA GUERRA


Una vez mais a guerra volve a estar presente na atualidade, desta vez na Xeorxia, entre este pobo e as tropas rusas, outra vez a violencia e a morte, outra vez a desesperación de persoas inocentes, que fuxen atemorizadas, outra vez, destrucción, fame e morte. En pleno S XXI, os seres humanos aínda non aprendimos a resolver os conflictos por medio do diálogo, do acordo, da cesión para entendernos. Outra vez se recurre a violencia e a guerra como metodo para resolver diferencias, intereses de todo tipo.

Dende a a arte e a cultura, temos que manifestar a nosa repulsa a este acontecimento mais de violencia e guerra. Así a miña aportación con esta composición, donde a desesperación da morte, as cores da violencia, a impotencia e o drama, ante os militares armados, que solo saben o diálogo das armas e das balas, nos temos que poñer o sentido común, a reflexión, a crítica, e a labor en favor dunha sociedade mais humana e mais xusta.

Un saúdo de Nolo. Verán do 2008.

No hay comentarios: