domingo, 22 de febrero de 2009

EXPOSICIÓN SOBRE O ANTROIDO


Nestes días de entroido, onde o don Carnal, a crítica, a tradición, a festa, as máscaras, as coplas, os disfraces, son os que predominan polos diferentes lugares da nosa Galiza, tamén son tempos para a reflexión, para recoller tradicións, para destacar aqueles entroidos tradicionais, para que non se perdan, xa que teñen un valor cultural e patrimonial moi importante.
Así pois, festa, alegría, desparpaxo, crítica e bon humor, acompañan a reflexión, o traballo artesanal, o traballo da tradición, o coñecemento e cultura, de entroidos tan tradicionais como os de Verín, Xinzo de Limia, Laza, entre outros.
E esto é o que fai o pintor Alfredo Constela, que co título "Acuarelas do Entroido" que se expoñen estes días e ata o 28 de Febreiro, na Sala Pedro Mirás de Sigüeiro, da Asociación da Amizada e das Artes Galego Portuguesa, donde recolle con gran traballo, precisión , colorido e expresión, as distintas manifestacións do entroido por Galiza.
Como ben dí no folleto da exposición, Sabela Baña : A pincelada áxil, a integración da cor das figuras e do fondo así como a dinámica proxeción do movimento son caracteristicas que producen unha atmósfera cargada dun carácter claramente poético que destila emoción.
Así pois emoción, expresión e cor, coñecimento, tradición e modernidade, nesta mostra sobre o Entroido galego, que esperemos se manteña por moitos anos.
Un saúdo de Nolo.

No hay comentarios: