domingo, 17 de mayo de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS A RAMÓN PIÑEIRO


Neste ano 2009, adicase o Día das Letras Galegas, o galeguista e humanista Ramón Piñeiro, que fixo unha estratexia política galeguista a través da cultura. Dende moi novo entrou en contacto cos galeguistas históricos como Otero Pedraio, e logo xa estivo no Partido Galeguista, con Castelo, Bóveda, e outros mais. Logo nos tempos do franquismo, da represión, traballou fundamentalmete en aspectos culturais, estivo na cárcel. Mais sempre traballou por Galicia, todolos días, como necesitamos que os dias das letras galegas sexan todolos días do ano. A importancia da lingua, e da cultura, queda de manifesto nas iniciativas que puxo en marcha, como Editorial Galaxia, Revista Grial, publicación de numeroso artículos, Dicionario de lengua galega, conferencias, etc.
Criticado logo nos anos 60 e sucesivos, polo xiro político que tuvo, o intentar galeguizar os partidos españois, frente a potenciar o Partido Galeguista, e ademais que supuxo un fracaso. Mais a súa labor, sempre mais cultural que política, seguiu impregnando a súa vida, formando xente nova arredor da famosa mesa camilla.
Apoiou sempre o idioma galego para que alcanzara as maiores cotas na cultura e na vida dos noso pobos e vilas, e sempre afirmaba, que a súa extensión era a conquista do futuro, algo que hoxe en día temos que seguir a reivindicar ante os pasos atrás na defensa do idioma e da cultura galega que quere levar a cabo o partido popular, que como sempre utilizan o que lles convén dos nosos galeguistas históricos.
Un saúdo de Nolo.

No hay comentarios: