viernes, 23 de noviembre de 2007

ENCONTROS EN TORNO A MAN DE CAMELLE


Este fin de semana houbo en Camelle, na Costa da Morte, o primer encontro artístico cultural para homenaxear a Man de Camelle, un artista singular, que fixo a súa vida o marxe, vivindo de forma natural, facendo arte cos restos da natureza e do que o mar lle traía, así como das pedras e bolos que alí donde se asentou encontraba.
Pero Man morreu de tristeza cando a súa vivenda, o seu mundo da arte, as súas obras, se viron anegadas de chapapote pola catástrofe do Prestige, que os responsables políticos daquela non superon facer o necesario para que eso non pasara, pasearon o barco por toda a nosa costa soltando fuel.
Man foi un artista singular, que fixo arte co mais elemental, un dos nosos artistas do Land Art, que deixou pegadas interesantes que agora coa fundación e o museo que levará o seu nome, e que tratará de recoller o seu legado, esperemos que vaia adiante, se faga alí donde el viviu de forma especial durante tantos anos, e creou un mundo particular, que nos debe facer reflexionar sobre o valor das cousas naturais, e sobre todo da defendensa do noso mar.
Un saúdo de Nolo.

No hay comentarios: