sábado, 10 de noviembre de 2007

OS 5 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE


Xa pasaron cinco anos do desastre do petrolero Prestige, que pola mala xestión dos políticos daquela do PP, fixeron que un accidente se convertira en desastre, o maior desastre medioambiental da Galiza, enchendo de chapapote as nosas costas, ennegrecendo o noso mar, matando a vida mariña, e deixando sin traballo a tanta xente do mar.

A cor negra inundou a Nosa Terra, manchando o Pais, que logo foi contrastado pola cor blanca dos voluntarios, de todolos lugares, e de distintos sectores sociais. Así mariñeiros, estudantes, xentes das cidades, da cultura, etc.., contribuiron co seus esforzo a que as nosas costas foran pouco a pouco recuperandose do negro chapapote, e volveran a ter vida.

Exemplo de compromiso, de solidaridade, de tanta xente, de voluntarios, de traballadores de toda índole, de xente de distintos paises, que temos que ter na nosa mente, na nosa conciencia, no noso corazón. O seu traballo e esforzo non foi inútil, como sí as actuacións dos políticos daqueles momentos.

Esperemos que non volva a suceder desastres de ese tipo, temos que seguir vixiantes, seguir presionando sobre os actuales gobernantes para que poñan todalas medidas necesarias, e ter un mar limpo e vivo, nun Pais comprometido e solidario.

Un saúdo de Nolo.


No hay comentarios: