lunes, 17 de diciembre de 2007

SIGUE A VIOLENCIA DE XÉNERO


Seguimos asistindo case a diario a episodios de violencia doméstica, a violencia de xenéro, que se leva a cabo contra das mulleres e que están a causar agresións e mortes.
Estamos nunha sociedade, donde aínda non se conseguiu realmente o respeto os xemellantes, os compañeiros e compañeiras, a compartir vidas, sin violencia, sin agresións.
Diversos motivos son os causantes, celos, bebidas, drogas, caracter agresivos, represións que logo se desatan, venganzas, etc., mais ningún motivo xustifica a agresión as mulleres, as nosas compañeiras, que sempre están ahí para compartir, para vivir, amar e sentir.
Unha parte da cultura de esta sociedade, basada aínda no machismo, no sentirse superior, asoballar os mais débiles, ir de duros, etc.., valores que siguen ahí, e que prenden as veces en certa xuventude, non temos mais que ver as peleas logo gravadas en móviles, o acoso escolar, etc. pode levar a novos casos de violencias.
Tampouco axudan moito certos contidos dos medios, sobre todo da televisión, dos videoxogos, etc.
Temos entre todos-as, que poñerlle freno a esta sangría, a esta violencia, educando en valores, ser mais tolerantes e respetuosos, entendendo os compañeiros-as, e protestar levantando as voces de denuncia contra a violencia de xénero, e por extensión a todo tipo de violencia.
Por unha sociedade mais xusta, pacífica, respetuosa, tolerante, e mais democrática e solidaria.
Un saúdo de Nolo Suárez.

No hay comentarios: