miércoles, 26 de diciembre de 2007

VELOCIDAD-ACCIDENTES


Nestas festas do Nadal, hai combinacións peligrosas que fan que aumenten o número de accidentes de tráfico. Así temos, salidas nocturnas, mal tempo, bebidas, velocidades excesivas, si a esto lle añadimos a xuventude dos que conducen, o accidente é bastante problable.
Vivimos con presa, facemos todo a correr, collemos o coche para desplazarnos e queremos chegar rápido, logo ademais, si se bebe, sempre se pensa que a ún non lle vai a tocar, e logo pasa o que pasa.
Conducimos as veces de forma temeraria, sin respetar señales de tráfico nin límites de velocidad, pensamos que todo se pode saltar, que a nós eso non nos vai afectar, mais logo as consecuencias son fatais.
Accidentes, mortes, lesións importantes, invalideces, etc. son os resultados, estamos a perder unha
parte da nosa xuventude, polos accidentes de tráfico, a maioria das veces por imprudencias que podían ser evitadas con un pouco de previsión, cautela e atención.
E as cifras de accidentes non paran de aumentar, seguimos a pesar das recomendación, anuncios, advertencias, retiradas de puntos, a conducir de forma temeraria en algunhas ocasións e a poñer en peligro a nosa vida e tamén a de outros.
E pois necesario tomar conciencia do problema, e ir poñendo solucións, que en principio pasan polo respeto as normas, a condución prudente, a ausencia de alcohol, a ser consecuente, e estar alerta a posibles imprevistos. As prisas tampouco non son boas compañeiras na conducción.
Un saúdo de Nolo, e boas festas, e si conducides, con coidado e previsión, xa que o importante
e chegar ben os destinos.

No hay comentarios: