sábado, 26 de abril de 2008

CELEBRACIÓN DO 25 DE AVRIL


O 25 de Avril é unha data sinalada para min, xa que celebrase a Revoluçao dos cravos en Portugal que tivo lugar no ano 1974, e donde dunha forma pacífica, derrocouse a dictadura de Salazar, dando paso a unha democracia e as libertades que o pobo portugués levala ansiando tanto tempo.
Unha Revolución modélica, xa que non houbo sangre nin mortos, os militares concienciados sairon as rúas con caraveis roxos nos canóns das súas armas, o pobo saliu as rúas a felicitalos, e a dictadura, que xa non tiña apenas apoios, derrumbouse pola forza do pobo.
Un paso importante para a democracia e as libertades no noso Pais veciño e irmán.
Co canto de Grândola vila morena, a canción do Zeça Alfonso, que nos fala de libertades, fraternidades, e de que o pobo e o que mais ordena, os movimentos cívicos, dos partidos políticos de esquerda, e dos militares concienciados, ocuparon as rúas e as instancias do poder, derrocando así unha dictadura, que como todas, caracterizanse pola falta de libertades e pola represión.
Os que coma min, daquela eramos xovenes, mais xa con certa conciencia política, estuvemos pendientes en todo momento e celebrando os citados acontecementos. E dende a arte e a cultura, mostramos o noso apoio, pois as libertades democráticas, activas e participativas, son a base para unha cutura e unha arte tamén do pobo, da xente activista que antes estaba marxinada, e que pode realizar os seus proxectos artísticos.
Agora hai que profundizar na democracia activa, e que non quede como ata agora en democracia formal e burocrática, o pobo e que mais ordena, e o pobo, coas súas asociacións, coas persoas activas, ten que ser quen poña en marcha proxectos e ideas, e os políticos e Institucións, facer posible que estas salgan para diante.
Un saúdo de Nolo.

No hay comentarios: