miércoles, 9 de abril de 2008

A VOLTAS COA AUGA E O CLIMA


Que o cambio climático está xa afectando a Terra e os seres vivos é un feito xa constatable, así
temos cada vez mais desertización, falta de auga, sequías, e por outros lados tormentas e
inundacións, desastres naturais, que conlevan desastres en vidas humáns, en infraestructuras,
viviendas, etc. Polo cal debemos de tomar conciencia do mesmo, e empezar a buscar solucións.
Por outro lado, celebrase este ano a Expo de Zaragoza, co tema da auga, que esperemos sirva
para concienciar algo os seres humáns da necesidade de conservar este elemento indispensable
para a vida, da necesidade de respetalo, e tamén da necesaria solidaridade para que se distribuia
de forma solidaria naqueles sitios donde non a teñen, ou teñen dificultades de conseguila, xa
que cada vez está a ser un ben escaso.
Mais eventos como os da Expo, a parte dos gastos sustuosos que supoñen, as veces solo quedan
en escaparates bonitos, visitas de autoridades para salir nas fotos, politicos de turno para apro-
veitarse do tirón e gañar votos, e empresas que van a facer o seu agosto.
Esperemos que polo menos parte do público, salga coa conciencia mais solidaria e comprometida
co tema da auga, do seu respeto, do aforro no gasto da mesma, e na distribución mais equitativa.
Dende a pintura, eu sigo a comprometerme con este elemento, e sigo a traballar en diferentes
temas relacionados co elemento auga, espero que tamén sirva de pequeno grano de aportación
a esa conciencia solidaria e cidadana.
Un saúdo de Nolo Suárez.

No hay comentarios: