jueves, 5 de marzo de 2009

30 ANOS DOS MONICREQUES DE KUKAS


Cando se levan 30 anos traballando na creatividade, como é o caso do artista compostelán Kukas, e merecida unha boa homenaxe ou recoñecemento. Pois aparte de poñer en marcha monicreques, a pintura, o deseño, a escrita dos textos, a música, e todo o acompañamento que conleva unha obra de este tipo, ten que ser , aparte de un enorme traballo e coordinación, de gran creatividade e inxenio, como neste caso ten Kukas xunto con Isabel.
Así levan poñendo en marcha dende fai anos numerosas obras de repressentación dos monicreques, como son :Pirula do vertedeiro, O colar de Marica, A rúa das Balconadas, Canonxo, Mariscal, Unha noite no pórtico do Paraíso, Galiza Máxica, Don Gaiferos, Anxélica no ombral do ceio, O retablo do maese Pedro, Historias dun papel, Adubíos, Cucarandainas, Xan Trapallas, Contos do vento acatarrado, O cantar da Cantaruxa..., son títulos que contan unha parte da historia do teatro galego.

Isabel Rey e Marcelino de Santiago reivindican un teatro de marionetas "que teña algo detrás". "Os monicreques son monecos que fan teatro; se non se moven son só monecos". E entre todas as sensacións que lles provoca o teatro quedan con unha: "ese momento máxico no que o público só ve o moneco, non ven a persoa que está detrás; de algo concreto créase algo abstracto". Así pois moitos éxitos a Isabel e Kukas, e que sigades moitos anos mais creando e deleitandonos coas vosas obras.

Nolo

No hay comentarios: