sábado, 10 de enero de 2009

NO CABODANO DE DANIEL CASTELAO


Daniel Castelao foi unha das persoas mais importantes para o desenrolo do galeguismo e do nacionalismo en Galiza no S. XX. Naceu en Rianxo, transladouse a Compostela para estudar, e logo entrou en contacto cos círculos galeguistas, poñendo todo o seu saber, tanto nas facetas artísticas, pinturas, debuxos, libros, pezas de teatro, así como nas facetas de político e conferenciate, o servizo dos galegos-as, impulsando o novo Partido Galeguista, participando no primeiro Estatuto de Galiza, que veuse truncado polo levantamento militar e fascista do 36, e logo a represión franquista, que fixo que tuvera que exiliarse como outros tantos galeguistas e republicanos na Arxentina, donde seguiron traballando ata a súa morte, nos distintos aspectos, literario, conferenciante, político, artistico, sendo un guía para moitos dos seus seguidores, e tamén para as novas xeracións. Por eso hoxe en día, recordalo, e recordar a súa obra, nuns tempos de cambios acelerados, e donde non se teñen en conta moitas veces as aportacións dos nosos antergos, é sempre importante, tanto para o presente como para o futuro da nosa nazón, e da nosa xente, do noso compromiso por unha Galiza mellor, mais culta e democrática, mais participativa e activa, o mesmo tempo que polo resto do mundo, pois unha das referencias de Castelao, era facer do local, do nacional, algo universal, sendo parte do mundo activamente e con aportacións propias sin avergonzarnos do noso, da nosa cultura e da nosa lingua.
Nolo Suárez

No hay comentarios: