sábado, 10 de enero de 2009

NOVA SEDE DA AAAGP


Nestes tempos de competencias artísticas, de personalismos, de ver que é mais que os outros, é de gran importancia o nacemento de Asociacións como a Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP), e no seu doble sentido, compartir amizade e arte para facer proxectos en común. E dende logo tendendo pontes entre Galiza e Portugal. E agora que xa se conseguiu a primeira sede en Galiza, no Concello de Oroso, permitirá que estos proxectos teñan unha mellor plasmación e realidade, na sala Pedro Mirás.
Inaugurouse a Sala coa exposición Comenzarte, coa participación de 31 artistas e con unha homenaxe póstuma a pintora de Oroso Elana Rico.
Esperemos pois e desexemos longa vida a esta Asociación, donde estamos algúns dos que estivemos en outras, e que non deron resultado, xa que en vez de construir, de democratizar, de participar a maioria, solo decidian unha minoría, establecendo competencias e dedocracias. E hora xa de superar esas vellas historias, e traballor en comun pola mellora da arte e da cultura do noso pobo e dos pobos irmán.
Un saúdo de Nolo Suárez.

No hay comentarios: