viernes, 16 de enero de 2009

PALESTINA VIVIRÁ


Veño de participar en manifestacións en contra da guerra do exercito israelí contra os palestinos, donde a morte e a destrucción está presente continuamente e ademais vai en aumento, con ataques e bombardeos indiscriminados a población civil, a edificios da ONU, a Hospitais e escolas. Está claro que o exercito israelí, apoiado polos mais reaccionarios sionistas, quere provocar terror, morte e destrucción de todo o que encontra o seu paso, sin importarlle resolucións da ONU, peticións de diversos paises do alto o fogo, ou que deixen pasar a axuda humanitaria. Os palestinos siguen a morrer e a estar feridos.
Por iso, non me gusta moito que se berre nas manifestacións, Palestina vencerá, pois eso parece casi imposible ante o exercito israelí, moi armado, e con armas de destrucción sofisticadas.
Penso que o que temos que berrar e que Palestina vivirá, que a deixen vivir en paz, en vez de destruila, como o están facendo agora, e sin que as forzas internacionais interveñan en serio para parar ese aniquilamento.
Nolo.

No hay comentarios: